PROGRAMA VIGO EN INGLÉS

3º ESO

O concello de Vigo acordou «Aprobar as bases reguladoras e convocatoria ordinaria para a adxudicación de prazas para a participación no programa municipal de inmersión en lingua inglesa – Vigo en Inglés 2019, dirixidas ao alumnado de 3º de ESO de centros educativos do Concello de Vigo sostidos con fondos públicos».

O prazo de presentación de solicitudes será do luns 21 de xaneiro ao venres 1 de febreiro, ambos os dous inclusive, e as solicitudes xunto coa documentación requerida deberá presentarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo (Praza do Rei nº1, 36202).

REQUISITOS:

a)Estar a cursar 3º de ESO nun centro educativo do Concello de Vigo sostido con fondos públicos durante o curso académico 2018/2019.
b)Ter aprobadas todas as materias de 2.º de ESO.
c)Ter obtido, como mínimo, unha nota de 7 na materia de Lingua inglesa nas cualificacións finais de 2º de ESO.
d)Estar empadroado/a no Concello de Vigo, con vixencia mínima dende o 01/01/2018, dato que será comprobado de oficio pola propia administración.
e)Non ter concedida, no ano 2019, outra axuda coa mesma finalidade.
g)Ter DNI/NIE, permiso de residencia ou pasaporte en vigor cunha vixencia mínima de 6 meses.

Aquí vos deixamos a información relativa a este Programa:

Comentarios cerrados.