LISTAXES PROVISIONAIS – Formación en Linguas Estranxeiras – Xunta de Galicia – Educación Secundaria

Finalizada a comprobación das solicitudes recibidas, faise pública a relación das listaxes detalladas a continuación e ábrese un prazo de 10 días naturais para emendar erros, falta de documentación, así como para efectuar reclamacións ou renuncias.

Incorporáronse as solicitudes presentadas a través da Sede Electrónica ou cubertas sen ter gravado os datos na aplicación.O estado destas solicitudes poderase comprobar a través do menú “3. Estado solicitude”.

No caso de requirimento de documentación, esta poderase presentar por calquera dos procedementos establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro,do procedemento administrativo común das administracións públicas.

No caso do seu envío por correo, será necesario levar a documentación e a instancia en sobre aberto co fin de que o funcionario/a de Correos poida facer constar o selo e a data antes de proceder á súa remisión.

Acceda a toda a información e as listaxes no seguinte enlace:

http://www.edu.xunta.es/axudasle

Comentarios cerrados.