DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS – XUNTA DE GALICIA

O pasado Venres 13 de novembro publicouse no DOG a Orde que regula a distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial.
Aqueles alumnos que foron beneficiarios da axuda de adquisición de material de 50€ NON DEBERÁN PRESENTAR UNHA NOVA SOLICITUDE xa que o sistema a concederá de xeito automático.
Aquelas familias que por calquera causa non solicitaran a axuda de adquisición de material e a súa renda per cápita é inferior a 6.000€ poderán presentar a solicitude nun prazo de dez días hábiles contados dende o venres 13 de novembro.
Prazo de presentación: ata o 27 de novembro
Enlace aos Anexos: http://web.colegioesperanza.com/wp-content/uploads/2020/11/distribucion-de-mascaras-xunta-anexos.pdf
Máis información: https://www.edu.xunta.gal/portal/node/32480

Comentarios cerrados.