HISTORIA DO CENTRO

    O Colexio NS Esperanza é un centro educativo privado concertado situado na Cidade de Vigo. Comezou a súa andaina o 15 de outubro de 1968 co obxectivo fundamental, aínda hoxe vixente, de “garantir un proceso educativo de calidade en todas as etapas e a formación integral do alumno”, procurando para iso que o servizo prestado ás familias sexa óptimo. O Centro iniciou a súa actividade cunha escola unitaria na Avda. Ramón Nieto, o seu crecemento constante ao longo dos anos obrigouno a trasladarse até a súa actual localización na rúa Cambeses, sendo necesaria a construción en 1998 dun novo edificio destinado á nova etapa da Educación Secundaria Obrigatoria. O Centro dispón dos seguintes niveis: Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria e Educación Especial.

No se admiten más comentarios