O noso Proxecto educativo inclúe unha metodoloxía didáctica aberta e flexible, fiel aos principios pedagóxicos fundamentais: activa, continua e formativa, a través dun ensino personalizado que implica o respecto á persoa, á súa individualidade, ás súas peculiaridades, etapas madurativas e proxectos de futuro dentro do marco dunha educación democrática.
Fomentamos desde as aulas o respecto aos valores humanos e democráticos, educamos para a diversidade e a integración de todas as persoas sen ningún tipo de diferenciación.
O noso Colexio relaciónase có seu entorno e promove valores como a solidariedade, a non discriminación e o respecto polo medio que nos rodea. A relación entre os diversos compoñentes debe de estar presidida por un enfoque humanístico nas que o diálogo, a tolerancia, e a disciplina sexan as máximas de actuación.
A misión do noso Centro é dotar ao alumnado de instrumentos necesarios que permitan o seu desenvolvemento integral como persoas e así conseguir unha educación de calidade. Inculcándolle a necesidade dunha formación continua e de esforzo tanto para o seu desenvolvemento persoal como profesional.
PROXECTO PLURILINGÜE
O Colexio NS Esperanza iniciou o seu proxecto de anticipación de linguas estranxeiras no curso 2008-2009 ainda que no curso 2016-2017 incorporouse a Rede de Centros Plurilingües da Comunidade Galega.
Podemos ver nesta anticipación da lingua estranxera no noso Centro, unha necesidade de adaptar o sistema educativo ás novas necesidades e á evolución dos coñecementos. Os sistemas europeos de educación e formación deben adaptarse ás necesidades da sociedade do coñecemento, reforzando a eficacia e a igualdade dos sistemas educativos. Polo tanto, o profesorado asume o reto educativo do coñecemento doutras linguas no marco dun contexto cada vez máis global.
A aprendizaxe dun idioma supón o desenvolvemento de competencias lingüísticas, textuais, discursivas e culturais, ou torgando ás linguas o carácter de vehículos culturais por excelencia no diálogo de culturas. Desde esta perspectiva cantas máis linguas aprenda o ser humano, máis lle permitirá comunicarse nas demais nun plano de igualdade, entendendo as culturas como paso fundamental para o respecto cara ás mesmas.
É por iso, polo que debemos potenciar o concepto de plurilingüismo. Ao mesmo tempo, o coñecemento e a práctica doutras linguas distintas á materna, constitúen un poderoso instrumento contra o racismo e a xenofobia. Polo tanto, para promover a aprendizaxe de idiomas e a diversidade lingüística, a parte de empregar as áreas e materias lingüísticas, empregaranse as áreas e materias das disciplinas non lingüísticas co fin de ampliar o número de horas adicado ao estudo das linguas no currículo escolar. Ás clases de inglés que existen no currículo dentro das disciplinas lingüísticas, engadiremos a Educación Fisica e a Educación Artística como disciplinas non lingüísticas para completar as competencias lingüísticas, e aproveitar os materiais e contidos que nos ofrecen para a aprendizaxe integrado dunha lingua estranxeira.
PROGRAMACIÓNS EDUCATIVAS: