EDUCACIÓN INFANTIL

A Educación Infantil constitúe a etapa educativa con identidade propia que atende nenas e nenos desde os tres ata os seis anos de  idade.

A súa finalidade é a de contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos nenos.

O segundo ciclo da educación infantil atenderase progresivamente ao desenvolvemento afectivo ao movemento e os hábitos de control corporal, ás manifestacións da comunidade e da linguaxe, ás pautas elementais de convivencia e relación social, así como ao descubrimento das características físicas e sociais do medio en que viven. Ademais, facilitarase que nenas e nenas elaboren unha imaxe de si mesmos positiva e equilibrada e adquiran autonomía persoal.

Os contidos educativos da educación infantil organizaranse en áreas correspondentes a ámbitos propios da experiencia e do desenvolvemento por medio de actividades globalizadas que teñan interese e significado para os nenos.

Os métodos de traballo basearanse nas experiencias, as actividades e o xogo e aplicaranse nun ambiente de afecto e confianza, para potenciar a súa autoestima e integración social.

Durante os primeiros días de setembro, os nenos e nenas de Educación Infantil  seguirá un proceso de adaptación  que consiste en la incorporación paulatina ao colexio, co fin de facilitarlles a súa integración  ao  novo medio.

No se admiten más comentarios