EDUCACIÓN PRIMARIA

A Educación Primaria é una etapa educativa que comprende seis cursos académicos, que se cursarán ordinariamente entre os seis e os doce anos de idade.

A súa finalidade é proporcionar a todos os nenos e nenas unha educación que permita afianzar o seu desenvolvemento persoal e o seu propio benestar, adquirir as habilidades culturais básicas relativas  á expresión e comprensión oral ,á lectura, á escritura e ao cálculo, así como desenvolver as habilidades sociais e os hábitos de traballo.

Esta etapa procurará a integración das distintas experiencias e aprendizaxes do alumnado  e adaptarase aos seus ritmos de traballo así como a contribución ao desenvolvemento  das súas capacidades tales como: apreciar os valores e normas de convivencia, desenvolver hábitos de traballo individual e de equipo, de esforzo e de responsabilidade en estudo.

Nesta etapa porase especial énfase na atención á diversidade do alumnado na atención individualizada, na prevención das dificultades de aprendizaxe e na súa posta en práctica.

A etapa de educación primaria comprende tres ciclos de dous anos académicos cada un e organizarse en áreas, que terán un carácter global e integrador

Os principios pedagóxicos desta etapa  refírense ao   tratamento específico nalgunha das áreas de etapa, a comprensión lectora , a expresión oral e escrita , a comunicación audiovisual, as tecnoloxías  da información e a comunicación e a educación en valores, traballaranse en todas as áreas.

A avaliación dentro desta etapa referida aos procesos de aprendizaxe do alumnado será continua e global e terá en conta o seu progreso no conxunto das áreas.

No se admiten más comentarios