EDUCACIÓN VIAL

Como cada ano dentro do programa de educación vial os alumnos/as de 5º Primaria fixeron un breve recorrido polo barrio de Barreiro, para levar a cabo un estudio sobre o comportamento dos peóns ante as normas de educación vial.

Estas actividades, dirixidas por un grupo de axentes da Policía local de Vigo, tratan de transmitir valores aos nosos alumnos que lles axuden a interiorizar hábitos e actitudes que garanten a prevención de risgos nas vías de uso público.

Lembrade que podedes descargar as fotografías no BLOG do Colexio. Se non tedes acceso solicitalo no correo secretaria@colegioesperanza.com

Comentarios cerrados.