NI UN FORA, XOGAMOS TODOS

Con este lema levamos a cabo unha iniciativa de Gey Lagar sobre patios inclusivos co obxectivo de gozar do tempo de lecer favorecendo a socialización de todos os alumnos do noso centro. A partir de agora dedicaremos de cando en vez un tempo de recreo dirixido para favorecer a inclusión. Este tempo será dirixido por dous ou tres representantes de cada clase e dúas ou tres profesores.

Comentarios cerrados.