PATIOS DINÁMICOS

Continuamos có proxecto de «Patios Dinámicos» iniciado este curso.

Os Patios dinámicos son unha patente de Gai Lagar, docente especializada no Trastorno do Espectro Autista e nai dun neno co mesmo trastorno. Desde o seu libro e proxecto Parques e patios dinámicos, creou toda unha filosofía do xogo inclusivo que se está facendo popular en toda España e que nós acercamos aos nosos nenos e nenas. A metodoloxía de patios dinámicos é parte da innovación educativa nos últimos anos.

É unha metodoloxía que ten un marcado obxectivo como ferramenta inclusiva, o seu emprego favorecerá que as relacións do alumnado se optimicen, conseguindo alcanzar obxectivos relacionados co ámbito dos valores e dos contidos transversais no recreo.

Comentarios cerrados.