SUSPENSIÓN DA ACTIVIDADE LECTIVA E EXTRAESCOLAR


Tras o recente anuncio por parte do Presidente da Xunta de Galicia, comunicámosvos que dende o luns 16 de marzo todos os Centros Educativos Galegos permanecerán cerrados en todos os niveis.

Mañá venres o noso Centro permanecerá aberto pero é decisión dos pais/nais enviar ou non aos nenos e nenas ao Centro. Deste xeito aprázanse os examenes programados.

Servizo de Transporte Escolar: Mañá haberá servizo de transporte pero a partir do luns suspéndese o Servizo.

Actividades Extraescolares: Hoxe e mañá haberá actividades extraescolares de carácter voluntario pero a partir do luns suspénderanse.

Comedor Escolar: O Servizo de Comedor escolar funcionará o día de mañá pero suspenderase a partir do luns.

Informarémosvos de todas as novedades a través deste medio.

Lamentamos o trastorno que esta decisión poida ocasionarvos. Lembrámosvos que seguimos as indicación das autoridades educativas e sanitarias.

Comentarios cerrados.