FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2020/21

DESTINATARIOS

– Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de EP e en 1º, 2º, 3º e 4º da ESO; cursos nos que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2019/20, agás en 3º e 5º de EP que se permitrá a adquisición e substtución de libros de texto, de acordo co establecido na Orde do 29 de maio de 2013 (DOG do 30 de maio), pola que se determina o período de vixencia dos libros de texto e demais materiais curriculares.

– Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específcas de apoio educatvo –NEAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude.

– Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

PRAZO

Do 20 de maio ao 19 de xuño de 2020

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Presentarase unha única solicitude por familia (esa solicitude vale tanto para o fondo de libros como para o vale de material)  e deberá cubrirse a partir do 20 de maio no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330BUnha vez cuberta a solicitude poderá presentala dos seguintes xeitos:

• (OPCIÓN RECOMENDADA) Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.

• Presentación telemática no centro: Neste caso imprimirán a solicitude e o anexo II e a escanearán xunto coa documentación enviándo todo ao correo colegio@colegioesperanza.com O Centro revisará a documentación e lle responderá confirmándolle que a documentación foi recibida correctamente.

• (OPCIÓN MENOS RECOMENDADA)Presentación física no centro: Se non lle é posible utilizar ningunha das outras opcións de presentación das solicitudes, debe solicitar unha cita previa no teléfono 986274994 para presentarse no Centro e entregar toda a documentación.

Para máis información pode chamar á Secretaría do Centro de 10:00 a 13:00.

Comentarios cerrados.