Axudas municipais de libros, material escolar e comedor

ABERTO o prazo para solicitar as axudas escolares municipais que será do 25 de xuño ao 22 de xullo.
As solicitudes presentaranse mediante cita previa a través de: www.vigo.org ou nos teléfonos 010 ou no 986 810 260.
Todas as persoas dadas de alta na carpeta cidadán do concello poden tramitar a sua solicitude a traves dela.
As solicitudes e anexos que se achegan están preparados para a súa tramitación telemática.

Concesión de axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria do Concello de Vigo – Curso 2020-2021.

As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e dificultades en conciliar a súa vida familiar e laboral.

A finalidade última das subvencións de comedor é apoiar ás unidades familiares que, por insuficiencia de recursos económicos, non poden afrontar o custo do servizo.

Comentarios cerrados.