LISTAXE DEFINITIVA ED. PRIMARIA – FONDO DE LIBROS

A continuación poderá descargar a listaxe definitiva do fondo de libros para os cursos de 3º a 6º de educación primaria.

Nesta listaxe aparecerán os libros que o sistema automático da aplicación «Fondo de Libros» reparte segundo as existencias e as solicitudes presentadas.

Lembrade que a listaxe de Educación Secundaria sairá publicado en setembro unha vez remate o periodo extraordinario de matrícula. Unha vez se publique avisarémolos por mensaxe de Tokapp.

Os alumnos de 1º e 2º de primaria que lles corresponde cheque para a compra de libros e as solicitudes que por renta lles corresponde o cheque de material poderán recollelos nas seguntes datas e quendas:

O mércores 15 ou o martes 21 de xullo no seguinte horario:

10:00 1º ESO – 1º PRIMARIA – 2º PRIMARIA

11:00 2º ESO – 3º PRIMARIA – 4º PRIMARIA

12:00 3º ESO – 4º ESO – 5º e 6º PRIMARIA

Pregamos respecten os horarios de entrega co fin de evitar aglomeracións. Se algunha familia non poidera vir nesa hora pode pedir o cambio de horario no correo secretaria@colegioesperanza.com

Lembren que o uso da mascarilla é obrigatorio.

Comentarios cerrados.