FONDO SOLIDARIO DE LIBROS DE TEXTO AXUDAS PARA ADQUIRIR LIBROS DE TEXTO E MATERIAL ESCOLAR CURSO ESCOLAR 2021/22

DESTINATARIOS

  • Fondo solidario de libros de texto: alumnado matriculado en 3º, 4º, e 6º de EP e en 2º, 3º e 4º da ESO; cursos nos que se manterán os libros de texto do curso 2020/21. 5º de primaria e 1º ESO participan no programa EDIXGAL polo que non teñen libros de texto pero sí poderán presentar as solicitudes para o cheque de material se a súa renta per cápita é inferior a 6.000€.
  • Axudas para adquirir libros de texto: alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído na disposición adicional primeira (discapacidade ≥ 65%) e na disposición adicional segunda (necesidades específcas de apoio educatvo –NEAE-), circunstancia que fará constar o centro na solicitude.
  • Axudas para adquirir material escolar: alumnado matriculado en EP, ESO e EE.

PRAZO

Do 21 de maio ao 22 de xuño de 2021

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

Presentarase unha única solicitude por familia (esa solicitude vale tanto para o fondo de libros como para o vale de material) e deberá cubrirse a partir do 21 de maio no seguinte enlace: https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=ED330B

Unha vez cuberta a solicitude poderá presentala dos seguintes xeitos:

• Presentación na Sede Electrónica da Xunta de Galicia. Neste suposto o centro recibirá un aviso no seu correo electrónico que lle informará de que ten solicitudes presentadas por esta vía.

Comentarios cerrados.