Axudas para adquirir libros de texto e material escolar 2022 -2023

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23

Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día 19 de maio e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

Poderá presentarse a través da seguinte páxina web: https://www.edu.xunta.gal/fondolibros/

Ou presentando os seguintes impresos, xunto coa documentación necesaria, na secretaría do Centro de 9:00 a 13:00.

Anexo I

Anexo II

Comentarios cerrados.