Convocatoria Axudas municipais de libros, material escolar e comedor curso 2022-2023

Obxecto e finalidade.
Estas Bases teñen por obxecto regular o procedemento para a concesión de axudas ás familias dos/as alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados, de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria obrigatoria, con enderezo en Vigo, para o curso escolar 2022-2023.
As axudas de libros, material escolar e comedor van dirixidas, prioritariamente, a menores de familias con dificultades socioeconómicas e de conciliación da súa vida familiar e laboral. A finalidade última das axudas de comedor é apoiar ás unidades familiares que, por insuficiencia de recursos económicos, non poden afrontar o custo do servizo.
Programas de axudas.
Serán de dous tipos:

  1. Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa). No concepto de material escolar inclúese todo o material necesario para o desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de cada colexio e as súas técnicas de aprendizaxe (mandilón, chándal, zapatillas deportivas, material informático e material funxible, mochila, uniforme, máscaras, etc.).
  2. Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria. Estas axudas outorgaranse de acordo cos principios de publicidade, concorrencia e obxectividade.

Publicidade e prazo.
A publicación das presentes Bases realizarase no BOP de Pontevedra, no taboleiro de Anuncios e Editos, nos Centros de Servizos Sociais Municipais e na web do Concello de Vigo. Anunciarase igualmente por eses medios a convocatoria e o prazo de presentación de solicitudes, que será de vinte (20) días hábiles, contado desde o seguinte á publicación oficial daquela.

MÁIS INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE OU NO TELÉFONO DO CONCELLO DE VIGO (010)

https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=4716&lang=es

Comentarios cerrados.