Renovación parcial do Consello Escolar

ELECCIÓNS A REPRESENTANTES DO CONSELLO ESCOLAR

O representante legal da entidade titular do Centro “ COLEXIO PLURILINGÜE NS ESPERANZA” de conformidade co disposto na lexislación vixente, e no procedemento para a elección dos representantes dos distintos sectores no Consello Escolar, acorda a celebración de eleccións co obxecto de proceder á renovación parcial do Consello Escolar ao longo do mes de novembro de 2022.

A tal fin, comunícase que o venres día 28 de outubro, ás 12:30 horas, imos proceder ao sorteo público para a designación dos membros da Xunta Electoral que deben ser designados por sorteo.

Acórdase tamén publicar no taboleiro as normas de procedemento aprobadas polo equipo directivo do centro.

Comentarios cerrados.