Proxecto financiado pola Unión Europea – Next Generation EU a través da convocatoria para o ano 2022 do procedemento de concesión de axudas destinadas á Dotación de Aulas Dixitais no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e apoiado pola Xunta de Galicia.
O CPR Plurilingüe NS Esperanza estrea cinco aulas dixitais financiadas con cargo aos fondos da UE e o Plan de recuperación e resiliencia, co apoio da Xunta de Galicia.

Esta subvención corresponde á convocatoria descrita na ORDE do 11 de agosto de 2022 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en régimen de concorrencia non competitiva, de subvencións públicas a centros privados sostidos con fondos públicos para dotación de aulas dixitais, cofinanciadas polo fondo europeo relativo ao Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, no marco do Plan de recuperación, transformación e resiliencia financiado pola Unión Europea- NextGenerationEU, e procédese á súa convocatoria para o añou 2022.
O obxectivo principal deste proxecto é a creación de cinco aulas dixitais para o uso de todo o alumnado có fin de seguer medrando nas habilidades dixitais dos nenos e nenas e que o proceso de ensino-aprendizaxe resulte máis motivador coa posta en práctica de situacións de aprendizaxe únicas que tan só poderían levarse a cabo co material adquirido.




