Convocatoria Axudas municipais de libros, material escolar e comedor curso 2024-2025

Obxecto e finalidade.
Procedemento para a concesión de axudas ás familias dos/as alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados, de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria obrigatoria, con enderezo en Vigo, para o curso escolar 2024-2025.

Programas de axudas.
Serán de dous tipos:

  1. Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa). No concepto de material escolar inclúese todo o material necesario para o desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de cada colexio e as súas técnicas de aprendizaxe (mandilón, chándal, zapatillas deportivas, material informático e material funxible, mochila, uniforme, máscaras, etc.).
  2. Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

O prazo para presentar a solicitude e a documentación requerida é do 14/08/2024 ao 12/09/2024 (ambos incluidos).

É imprescindible chamar ao Concello para pedir cita. Según a documentación requerida, non é necesario presentar o certificado de matrícula do centro escolar.

MÁIS INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE OU NO TELÉFONO DO CONCELLO DE VIGO (010)

https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=4798&lang=es

Comentarios cerrados.