OPEN DAY

O Colexio celebra o «Open day» para todas as familias do centro.

OpenDay é unha xornada pensada para que as familias dos alumnos e alumnas do noso centro teñan a oportunidade de coñecer mellor o seu Colexio, aos seus profesores, e ao resto dos nosos alumnos, así como de descobrir as actividades que desenvolven os seus fillos e fillas no Colexio NS Esperanza. É unha xornada para desfrutar en familia.

As familias dos nosos alumnos non teñen que inscribirse. Xa contamos con todos vós para disfrutar das actividades. Se coñecedes a algunha familia con nenos ou nenas de 3 anos podedes animala a inscribirse xa que empregaremos esta xornada para da información ás novas familias cara o curso 2025 /2026.

Comentarios cerrados.