PROXECTO EDUCATIVO

 

O noso Proxecto educativo inclúe unha metodoloxía didáctica aberta e flexible, fiel aos principios pedagóxicos fundamentais: activa, continua e formativa, a través dun ensino personalizado que implica o respecto á persoa, á súa individualidade, ás súas peculiaridades, etapas madurativas e proxectos de futuro dentro do marco dunha educación democrática.

Fomentamos desde as aulas o respecto aos valores humanos e democráticos, educamos para a diversidade e a integración de todas as persoas sen ningún tipo de diferenciación.

O noso Colexio relaciónase có seu entorno e promove valores como a solidariedade, a non discriminación e o respecto polo medio que nos rodea. A relación entre os diversos compoñentes debe de estar presidida por un enfoque humanístico nas que o diálogo, a tolerancia, e a disciplina sexan as máximas de actuación.

A misión do noso Centro é dotar ao alumnado de instrumentos necesarios que permitan o seu desenvolvemento integral como persoas e así conseguir unha educación de calidade. Inculcándolle a necesidade dunha formación continua e de esforzo tanto para o seu desenvolvemento persoal como profesional.

PROXECTO PLURILINGÜE

O Colexio NS Esperanza iniciou o seu proxecto de anticipación de linguas estranxeiras no curso 2008-2009 ainda que no curso 2016-2017 incorporouse a Rede de Centros Plurilingües da Comunidade Galega.

Podemos ver nesta anticipación da lingua estranxera no noso Centro, unha necesidade de adaptar o sistema educativo  ás novas necesidades e á evolución dos coñecementos. Os sistemas europeos de educación e formación deben adaptarse ás necesidades da sociedade do coñecemento, reforzando a eficacia e a igualdade dos sistemas educativos. Polo tanto, o profesorado asume o reto educativo  do coñecemento doutras linguas no marco dun contexto cada vez máis global.

A aprendizaxe dun idioma supón o desenvolvemento de competencias lingüísticas, textuais, discursivas e culturais, ou torgando ás linguas o carácter de vehículos culturais por excelencia no diálogo de culturas. Desde esta perspectiva cantas máis linguas aprenda o ser humano, máis lle permitirá comunicarse nas demais nun plano de igualdade, entendendo as culturas como paso fundamental para o respecto cara ás mesmas.

É por iso, polo que debemos potenciar o concepto de plurilingüismo. Ao mesmo tempo, o coñecemento e a práctica doutras linguas distintas á materna, constitúen un poderoso instrumento  contra  o racismo e a xenofobia. Polo tanto, para promover a aprendizaxe de idiomas e a diversidade lingüística, a parte de empregar as  áreas  e  materias lingüísticas, empregaranse as áreas e materias das disciplinas  non lingüísticas co fin de ampliar o número de horas adicado ao estudo das linguas no currículo escolar. Ás clases de inglés que existen no currículo  dentro das  disciplinas  lingüísticas,  engadiremos  a Educación Fisica e a Educación Artística como  disciplinas non  lingüísticas para completar as competencias lingüísticas, e aproveitar os materiais e contidos que nos ofrecen para a aprendizaxe integrado dunha lingua estranxeira.

PROXECTO E-DIXGAL

O Colexio NS Esperanza leva anos comprometida coas novas tecnoloxías. No ano 1998 inaugúrase a sala de informática con 25 postos escolares e no 2006 instalouse a súa primeira pizarra dixital nesta aula. A partires deste momento iníciase un proxecto de dixitalización do Centro no que ano tras ano vanse incorporando novos dispositivos: Pizarras dixitais, portátiles, alta velocidade de internet (fibra), conexión wiffi, tablets. O noso Centro está preparado para o seguinte paso que non é outro que dixitalizar o libro de texto e a ensinanza de contidos. A continua formación do profesorado, a súa motivación e as experiencias adquiridas nestes anos garanten a implantación e a continuidade deste proxecto que ven avalado a través dunha consulta persoal polo 95% das familias do Centro. O claustro de profesores de profesores apoia ao 100% a implantación do Proxecto EDIXGAL no Colexio NS Esperanza que comeza no curso 2021-2022 en 5º de primaria e 1º ESO e que aumentará progresivamente ata que todos os nenos e nenas dende 5º de primara ata 4º da ESO  dispoñan dun dispositivo electrónico que substituia os libros de texto.

PLAN DE DIXITALIZACIÓN DO CENTRO

No curso 2021-2022 a Consellería de Educación da Xunta de Galicia creou un programa para que todos os centros de ensino de Galicia tiveran un Plan Dixital adecuado as súas características, realista, alcanzable e práctico. Logo de seguir os pasos para a redacción do Plan seguindo cada unha das indicacións que viñan dadas polo equipo de traballo da Consellería temos a ben presentarvos o noso PLAN DIXITAL.

PROGRAMACIÓNS DIDÁCTICAS

https://blog.colegioesperanza.com/wp-content/uploads/2020/10/PROGRAMACIÓNS COLEXIO NS ESPERANZA 2020 2021.pdf

Comentarios cerrados.