EDUCACIÓN SECUNDARIA

Esta etapa obrigatoria comprende catro cursos, que seguirán ordinariamente entre os doce e os dezaseis anos de idade.

A finalidade desta etapa consiste en lograr que os alumnos e alumnas adquiran os elementos básicos da cultura especialmente no seus aspectos humanísticos, artístico , científico e tecnolóxico, desenvolver e consolidar neles hábitos de estudo e de traballo, preparalos para a súa incorporación a estudos posteriores e para a súa inserción laboral e formalos para o exercicio dos seus dereitos e obrigas na vida como cidadáns.

Nesta etapa prestarase especial atención á orientación educativa profesional do alumnado. Organizarase de acordo cos principios de atención á diversidade e de educación común.  Estas medidas de atención a diversidade. Organizativas e curriculares correspóndelles ás administración educativas.

Esta etapa contribuirá a desenrolar nos alumnos e nas alumnas as capacidades  que lles permitan asumir responsablemente os seus deberes, coñecer e exercer os seus dereitos no respecto aos demais, practicar a tolerancia , a cooperación e a solidarizade entre as persoas e os grupos.

Desenvolver e consolidar hábitos e disciplina , estudo e traballo individual e en equipo como condición necesaria para una realización eficaz de tarefas de aprendizaxe.

Os  Principios  pedagóxicos desta etapa  referiranse a elaborar  as propostas pedagóxicas baseadas na atención a diversidade  e a educación común. Así mesmo, arbitrará métodos que teñan en conta os diferentes ritmos de aprendizaxe dos alumnos,  favorezan a capacidade de aprender por si mesmos e promover o traballo en equipo.

Prestarase una especial atención á adquisición e ao desenvolvemento das competencias básicas e fomentarase a correcta expresión oral e escrita e o uso das matemáticas. Co fin de promover o hábito da lectura dedicando un tempo a esta na práctica docente das materias.

A avaliación  do proceso de aprendizaxe será continua e diferenciada segundo as distintas materias do currículo.

Comentarios cerrados.