Colexio NS Esperanza

Centro Plurilingüe

Convocatoria Axudas municipais de libros, material escolar e comedor curso 2025-2026

Obxecto e finalidade.
Procedemento para a concesión de axudas ás familias dos/as alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados, de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria obrigatoria, con enderezo en Vigo, para o curso escolar 2025-2026

Programas de axudas.
Serán de dous tipos:

  1. Axudas para a adquisición de libros e material escolar para Educación Infantil (2ª etapa). No concepto de material escolar inclúese todo o material necesario para o desenvolvemento do curso académico en función das obrigas de cada colexio e as súas técnicas de aprendizaxe (mandilón, chándal, zapatillas deportivas, material informático e material funxible, mochila, uniforme, máscaras, etc.).
  2. Axudas para comedores escolares (de setembro a xuño, ámbolos dous incluídos) para alumnos/as matriculados/as nos niveis de Educación Infantil (2ª etapa), Educación Primaria e Educación Secundaria Obrigatoria.

O prazo para presentar a solicitude e a documentación requerida é do mércores 05/03/2025 ao 02/04/2025 (ambos incluidos).

É imprescindible chamar ao Concello para pedir cita. Según a documentación requerida, non é necesario presentar o certificado de matrícula do centro escolar.

MÁIS INFORMACIÓN NO SEGUINTE ENLACE OU NO TELÉFONO DO CONCELLO DE VIGO (010)

https://sede.vigo.org/expedientes/avisos/aviso.jsp?id=4845&lang=ga

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, además está conforme con las condiciones de navegación incluidas en nuestro Aviso Legal.AVISO LEGAL

ACEPTAR
Aviso de cookies